Saúda do alcalde-presidente do Excmo. Concello de Betanzos

  • Autor de la entrada:
  • Publicación de la entrada:16 febrero, 2014
  • Categoría de la entrada:La grupeta

A creación de calquera entidade, sexa do índole que sexa (cultural, deportivo, veciñal…) é sempre un motivo de satisfacción, porque reflicte que a nosa sociedade está viva.

Pero neste caso, a satisfacción é dobre pola posta en marcha dun club que renace e ao que, persoalmente, e non me equivoco se digo que como moitos outros betanceiros, lle temos un afecto especial pola vinculación que sempre tivo coa nosa cidade e pola xente que pasou e levou o seu “maillot”.

Un club que foi referente no ciclismo xa non só local nin provincial senón a nivel de galego durante moitos anos, e que levou e representou a Betanzos por moitos estradas e vilas. Agora regresa e espero e desexo que sexa para quedar moitos anos.

Porque, como dicía ao principio, se a creación de calquera entidade é algo importante, o é aínda máis cando se trata dunha deportiva e dun deporte como o ciclismo, polo que hai tanta afección, e que tan arraigado estivo durante anos a Betanzos.

Quixera felicitar as persoas que fixeron posible, con moito empeño e esforzo, que renaza este club e animar os betanceiros a apoialo na medida das nosas posibilidades.

Ramón García Vázquez. Alcalde de Betanzos.