Boas!!!
Antes de nada saudar a tod@s os lectores do anuario do CCBetanzos e a toda a xente que está por detrás para que este Clube siga medrando ano tras ano como vén facendo….
A vida dun profesional as veces pode resultar un pouco monótona, debido a que tes que seguir unhas pautas e uns hábitos, pero no meu caso é algo que me gusta porque estou facendo aquilo polo que sempre soñei e que loitei.
Normalmente levántome sobre as oito e media. Agora no inverno, os nosos adestramentos son máis variados, facemos un pouco de todo o que non acostumamos a facer no resto do ano: natación, camiñatas polo monte, pilates, ximnasio. Sobre todo exercicios para reforzar aqueles grupos musculares que durante o ano na bicicleta non se exercirtan moito. Despois de facer un mes e medio con estes exercicios xa pasamos a facer unha boa base para aguantar a forma o máximo tempo. Trátase de ir acumulando kilómetros sen moita intensidade para despois poder comezar a facer series para poder mellorar…
Normalmente acostumo a adestrar so, aínda que cando os adestramentos son máis longos acostumo ir cos meus compañeiros Veloso e Delio Fernández e un veciño amateur, Óscar González. Como xa sabedes, vivo na Estrada, saímos hacia Vilagarcia e Pontevedra ao encontro dos meus compañeiros, logo sobre a marcha facemos a ruta.
A tod@s os lectores deste anuario, dicirvos que a vida de ciclista non é só adestrar, para mín é tan importante ou máis o descanso, para asimilar o traballo, e tamén ter unha vía de escape… explícome; algo que che faga esquecer por un momento o teu traballo, illarte, porque se estás sempre pensando no mesmo psicoloxicamente acábate desgastando… e sobre todo desfrutar de aquilo que fas, así os resultados virán sos!
Grazas de novo ao CCBetanzos e os meus mellores desexos para a vindeira tempada.
Moitos éxitos!!!
Saudos